![Efer 736 (5-3-26): Calvet en bicicleta [Radioteatro]](https://d3wo5wojvuv7l.cloudfront.net/t_rss_itunes_square_1400/images.spreaker.com/original/2297eb948f451de4f379004205cfb938.jpg)
A live radiodrama about the life of Fernando Calvet, an innovative chemistry professor during the 1930s who faced political challenges.
Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "Calvet en bicicleta" ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa. Nos anos 30 do século XX, Fernando Calvet foi un catedrático de química innovador na docencia e na investigación. As novas autoridades franquistas desterran e expulsan a Calvet da súa cátedra na Universidade de Santiago. Calvet resiste e logra grandes fitos na industria farmacéutica, mesmo coa aquiescencia do réxime que quixo afogar a súa vida. Unha historia de solidariedade e mérito científico que se ramifica en direccións inesperadas, algunhas en bicicleta, e que chegan a hoxe en día. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes
Explore listener stats, chart rankings, contacts and more on the Efervesciencia podcast page.