
The episode discusses chronic pain, its psychological and social factors, and innovative treatments involving neurotechnology.
(2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha sensación física: é unha experiencia complexa que implica factores psicolóxicos e sociais. Conversamos con María Teresa Carrillo e Alejandro Quiroz do Laboratorio de Cerebro e Dor da USC. Estes expertos desmontan mitos arredor da dor crónica e explican como a educación, o exercicio físico e as novas neurotecnoloxías, como a estimulación eléctrica transcraneal, están a revolucionar o seu tratamento. Coñecemos tamén o proxecto europeo PAINLESS, coordinado desde a USC, que busca opcións non farmacolóxicas para tratar a dor oncolóxica persistente. (45:46) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (46:55) Un traballo publicado en Current Biology estuda os pelos de Beethoven para intentar determinar a súa aptitude musical. Julio Rodríguez na súa Bitácora do Beagle advírtenos sobre as limitacións desta clase de estudos…
Explore listener stats, chart rankings, contacts and more on the Efervesciencia podcast page.