Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da  miopía: non son as pantallas

Efer 740 (1-4-26): Nova hipótese sobre a epidemia da miopía: non son as pantallas

March 31, 2026 · 1h 1m · Season 19 · Episode 740

About this episode

The episode discusses a new hypothesis about the global myopia epidemic, emphasizing the role of natural light rather than screens.

(2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada "Insectópolis". Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da nosa adaptación da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei" que nos levará a analizar a vixencia do afamado test de Turing. (29:53) A miopía está a converterse nunha auténtica epidemia global, pero quizais o problema non sexan só as pantallas, senón a falta de luz natural nos nosos ollos. Conversamos con José Manuel Alonso (College of Optometry, Universidade Estatal de Nova York), que lidera unha investigación pioneira sobre como a cantidade de luz que chega á retina pode ser clave no desenvolvemento da miopía. Cando lemos en interiores ou en pantallas a pupila contráese para enfocar mellor, de tal xeito que á retina chega dez veces menos luz ca en circunstancias análogas no exterior. A nosa web oficial www.efervesciencia.org En Bluesky @efervesciencia.org Canle en Telegram de amigos e colaboradores en https://t.me/efervescentes

Topics covered

More episodes of Efervesciencia

Explore listener stats, chart rankings, contacts and more on the Efervesciencia podcast page.