
About this episode
The episode discusses the history and ongoing cultural contributions of Cántigas da Terra, featuring an interview with its artistic director, Luís Bolón.
Con este espíritu como trastenda, en decembro de 1916, reúnense na Coruña un grupo de intelectuais vencellados ás Irmandades da Fala coa idea de formar un coro galego. A idea central, defender a arte galega en todas as súas manifestacións: canto, baile, teatro, poesía, pintura… O 28 de decembro de 1916 nace Cántigas da Terra. Ao redor deste proxecto musical inicial foron agromando moitas outra pezas que agora compoñen o puzle desta asociación, a atención ao teatro, un arquivo de grandísima importancia para a cultura galega e, en especial, para a música patrimonial, a investigación que seguen a practicar e fomentar ou o proxecto das Escolas da Terra nas que ofertan formación musical, teatral e ata investigadora. Nesta edición de Sons de Nós acompáñanos Luís Bolón, director artístico desta histórica entidade, con quen falamos de pasado pero, sobre todo, de presente e de futuro. Moito respecto diante do que levan facendo durante estes máis de 100 anos de traballo cultural. Cántigas da Terra debutou ante o público o 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, coa peza A festa do Tabeirón, de Enrique Labarta Pose. Hoxe, máis de 100 anos despois seguen a coidar do noso…
People in this episode
Guest: Luís Bolón
Topics covered
- Galego music
- Cultural heritage
- Theater
- Artistic projects
- Historical music groups
Keywords
- Cántigas da Terra
- Galego music
- cultural heritage
- Luís Bolón
- theater
- historical music
Mentioned in this episode
Organizations: Cántigas da Terra
Books & works: A festa do Tabeirón
Places: Coruña
More episodes of SONS DE NÓS RadioFusión
- Sons de Nós 11 de xuño de 2026 · June 11, 2026 · 50 min
- Sons de Nós 10 de xuño de 2026 · June 10, 2026 · 50 min
- Sons de Nós 9 de xuño de 2026 · June 9, 2026 · 51 min
- Sons de Nós 8 de xuño de 2026 · June 8, 2026 · 55 min
- Sons de Nós 4 de xuño de 2026 · June 4, 2026 · 55 min
- Sons de Nós 3 de xuño de 2026 · June 3, 2026 · 55 min
Explore listener stats, chart rankings, contacts and more on the SONS DE NÓS RadioFusión podcast page.